29 de xullo de 2014

Músicas no Claustro

O próximo 9 de Agosto estaremos en Tui, dentro do programa de "Músicas no Claustro", con un concerto moi especial dentro do claustro da Catedral. Haberá grande variedade de actos toda a semana. Podedes consultar o programa aquí:
Programa "Músicas no Claustro"


27 de xullo de 2014

Ribeiro Blues WineFestival

O próximo día 8 de Agosto, Lulavai participará na primeira edición do Ribeiro Blues Wine Festival, no concello de Castrelo do Miño.


26 de xullo de 2014

4 de Outubro de 2014

Concerto de Lulavai
Freixo de Espada á Cinta, Portugal

Hora: 18:30
Dentro da II edición do festival Oito Maõs. 

16 de xullo de 2014

15 de xullo de 2014

Folk Segovia. Reportaxe fotográfica

Reportaxe fotográfico do concerto de Lulavai no Folk Segovia 2014, por "Histéricas Grabaciones"

Biografía



Catro mulleres: Lorena Reinaldo, Paula Oanes, Josefa Fernández e Elena Paz. Elas forman este insólito cuarteto femenino onde  o protagonismo das arpas e o son doce das suas voces dan vida a un estilo propio e único,  chamado Lulavai.
Coñécense no 2005 cando formaban parte da orquestra Folc Sondeseu, baixo a dirección do arpista e ex-compoñente de Milladoiro, Rodrigo Romaní. 
No ano 2008, deciden emprender este novo proxecto musical, onde a sonoridade de 4 arpas e 4 voces fúndense para interpretar con un son moi personal, temas tradicionais galegos e de composición propia. Dende entón levan percorrido multitude de escenarios, dende Galicia ate o País Vasco, Portugal ou Francia, participando en festivais como Lorient, Flokez Blaiz e FolkSegovia.
No 2013 colaboran con Nena Daconte, no tema que da título ó seu Cd "Sólo muerdo por ti", grabación da que tamén se fixo un video, rodado nas praias de Vigo:
Enlace ó video con Nena Daconte
Agora inician un novo camiño con temas de composición propia que  inundan con aire fresco os concertos en directo, acompañados dunha nova e coidada estética, de carácter intimista e "soñador".

Lulavai é unha das máis delicadas é intimistas formacións da música galega actual. Sobre os escenarios a súa música crea unha deliciosa e elegante atmósfera da que tamén se pode disfrutar nos seus traballos discográficos,“CorDasVerbas”,Sul Producciones 2010 e o máis recente "Lémbrame un soño",Sul Producciones2014, no que inician un novo camiño con temas de composición propia e sen abandonar as raíces da música Galega.



Lémbrame un soño, Sulproducciones 2014
CorDasVerbas, Sulproducciones 2010



8 de xullo de 2014

25 de Outubro


Concerto de Lulavai

Arganil, Portugal

Hora: 21:30
Concerto de Lulavai na localidade de Arganil, Portugal, na Capela de San Pedro.

9 de Agosto


Concerto de Lulavai

Claustro da Catedral de Tui 
Hora: 21:00

Concerto de Lulavai dentro do ciclo "Músicas no claustro" que se celebra todos os anos no interior do claustro da Catedral de Tui.

8 de Agosto


Concerto de Lulavai

Castrelo do Miño
Hora: 21:30

Concerto de Lulavai dentro do programa do "Ribeiroblues Wine Festival". A actuación terá lugar no Náutico do Castrelo, nun marco incomparable, dende o que se poderá contemplar unha posta de sol moi especial.

5 de Agosto


Concerto de Lulavai

Praza do Tapal, Noia
Hora: 22:00

Concerto de Lulavai dentro da celebración do I Festival internacional de Arpas que terá lugar na localidade de Noia. 

Reportaxe canal 8

Reportaxe sobre Lulavai, no canal 8, sobre o pasado concerto no Folk Segovia 2014.


6 de xullo de 2014

Folk Segovia

Imaxes do concerto no Folk Segovia 2014, no Teatro Juan Bravo, onde tivemos a ocasión de compartir escenario con Les violines.