15 de xullo de 2014

Biografía



Catro mulleres: Lorena Reinaldo, Paula Oanes, Josefa Fernández e Elena Paz. Elas forman este insólito cuarteto femenino onde  o protagonismo das arpas e o son doce das suas voces dan vida a un estilo propio e único,  chamado Lulavai.
Coñécense no 2005 cando formaban parte da orquestra Folc Sondeseu, baixo a dirección do arpista e ex-compoñente de Milladoiro, Rodrigo Romaní. 
No ano 2008, deciden emprender este novo proxecto musical, onde a sonoridade de 4 arpas e 4 voces fúndense para interpretar con un son moi personal, temas tradicionais galegos e de composición propia. Dende entón levan percorrido multitude de escenarios, dende Galicia ate o País Vasco, Portugal ou Francia, participando en festivais como Lorient, Flokez Blaiz e FolkSegovia.
No 2013 colaboran con Nena Daconte, no tema que da título ó seu Cd "Sólo muerdo por ti", grabación da que tamén se fixo un video, rodado nas praias de Vigo:
Enlace ó video con Nena Daconte
Agora inician un novo camiño con temas de composición propia que  inundan con aire fresco os concertos en directo, acompañados dunha nova e coidada estética, de carácter intimista e "soñador".

Lulavai é unha das máis delicadas é intimistas formacións da música galega actual. Sobre os escenarios a súa música crea unha deliciosa e elegante atmósfera da que tamén se pode disfrutar nos seus traballos discográficos,“CorDasVerbas”,Sul Producciones 2010 e o máis recente "Lémbrame un soño",Sul Producciones2014, no que inician un novo camiño con temas de composición propia e sen abandonar as raíces da música Galega.



Lémbrame un soño, Sulproducciones 2014
CorDasVerbas, Sulproducciones 2010