15 de xullo de 2014

Biografía



Catro mulleres: Lorena Reinaldo, Paula Oanes, Josefa Fernández e Elena Paz. Elas forman este insólito cuarteto femenino onde  o protagonismo das arpas e o son doce das suas voces dan vida a un estilo propio e único,  chamado Lulavai.
Coñécense no 2005 cando formaban parte da orquestra Folc Sondeseu, baixo a dirección do arpista e ex-compoñente de Milladoiro, Rodrigo Romaní. 
No ano 2008, deciden emprender este novo proxecto musical, onde a sonoridade de 4 arpas e 4 voces fúndense para interpretar con un son moi personal, temas tradicionais galegos e de composición propia. Dende entón levan percorrido multitude de escenarios, dende Galicia ate o País Vasco, Portugal ou Francia, participando en festivais como Lorient, Flokez Blaiz e FolkSegovia.
No 2013 colaboran con Nena Daconte, no tema que da título ó seu Cd "Sólo muerdo por ti", grabación da que tamén se fixo un video, rodado nas praias de Vigo:
Enlace ó video con Nena Daconte
Agora inician un novo camiño con temas de composición propia que  inundan con aire fresco os concertos en directo, acompañados dunha nova e coidada estética, de carácter intimista e "soñador".

Lulavai é unha das máis delicadas é intimistas formacións da música galega actual. Sobre os escenarios a súa música crea unha deliciosa e elegante atmósfera da que tamén se pode disfrutar nos seus traballos discográficos,“CorDasVerbas”,Sul Producciones 2010 e o máis recente "Lémbrame un soño",Sul Producciones2014, no que inician un novo camiño con temas de composición propia e sen abandonar as raíces da música Galega.



Lémbrame un soño, Sulproducciones 2014
CorDasVerbas, Sulproducciones 2010



8 de xullo de 2014

25 de Outubro


Concerto de Lulavai

Arganil, Portugal

Hora: 21:30
Concerto de Lulavai na localidade de Arganil, Portugal, na Capela de San Pedro.

9 de Agosto


Concerto de Lulavai

Claustro da Catedral de Tui 
Hora: 21:00

Concerto de Lulavai dentro do ciclo "Músicas no claustro" que se celebra todos os anos no interior do claustro da Catedral de Tui.

8 de Agosto


Concerto de Lulavai

Castrelo do Miño
Hora: 21:30

Concerto de Lulavai dentro do programa do "Ribeiroblues Wine Festival". A actuación terá lugar no Náutico do Castrelo, nun marco incomparable, dende o que se poderá contemplar unha posta de sol moi especial.

5 de Agosto


Concerto de Lulavai

Praza do Tapal, Noia
Hora: 22:00

Concerto de Lulavai dentro da celebración do I Festival internacional de Arpas que terá lugar na localidade de Noia. 

Reportaxe canal 8

Reportaxe sobre Lulavai, no canal 8, sobre o pasado concerto no Folk Segovia 2014.


6 de xullo de 2014

Folk Segovia

Imaxes do concerto no Folk Segovia 2014, no Teatro Juan Bravo, onde tivemos a ocasión de compartir escenario con Les violines.